Get 3 audiobooks free with a 30-day Free Trial Sign Up Free

[Galician] - Avelaíñas Eléctricas

Author:
Sica Romero
Read by:
Chelo Díaz
Read Read Own Own

Unabridged Audiobook

Listen Free Now
  • Listen free with a 30-day free trial
  • Choose 2 bonus VIP books
  • Enjoy 10,000 always free books
Ratings
Book
5
Narrator
5
Release Date
November 25, 2024
Duration
4 hours 3 minutes
Summary
Avelaíñas eléctricas é a historia de dúas mulleres galegas na súa vintena, Olivia e Mariña, que ao remataren a carreira de Historia da Arte, e trala súa ruptura amorosa, marchan lonxe da casa, das familias e de todo canto coñecen para buscar un futuro e buscarse a si mesmas.
As voces das dúas protagonistas vanse alternando para expoñer as propias experiencias e o fondo dos seus pensamentos, debullando o pasado para comprender as circunstancias e tamén as decisións que as puxeron no lugar en que se atopan.
Olivia, que agora vive en Barcelona e se gaña a vida como camareira, consegue que unha galería de arte acepte o seu proxecto artístico... Inda que decontado descubrirá que no mundo da arte non todo é o que semella. Mentres se afai á cidade, debe tamén facer fronte ás consecuencias de ter crecido nunha familia coa que non pode contar e da cal sempre foi e segue a ser responsable, mesmo na distancia.
Mariña consegue traballo nun museo de arte contemporánea. Entre descoñecidos, loita contra as pantasmas do pasado tratando de comprender o suicidio da súa tía Mar, ao tempo que agocha o medo, vergonza e dor dun trauma do pasado que a persegue cada día e a distancia de si mesma e do mundo que a arrodea.
Enfiando as historias, as dúas protagonistas navegan os días e as súas vidas coa forza que se precisa para seguir adiante, distanciadas mais téndose sempre presentes.
Reviews
Profile Avatar Anonymous Jan 2025

Marabilloso

Profile Avatar Zoe C. Jan 2025

Encantoume

Profile Avatar Anonymous Jan 2025

Avelaíñas Eléctricas é unha historia cativante. Unha desas poucas obras que verdadeiramente destacan non só por unha grande calidade na súa escrita, mais tamén pola fonda sensibilidade e humanidade que, da man cunha tensión constante, terman de nós para nos faceren incapaces de deixar de escoitar. Se ben lermos o libro é unha experiencia incomparábel, alégrame moitísimo que Olivia e Mariña atopasen a súa voz.

[Galician] - Avelaíñas Eléctricas

[Galician] - Avelaíñas Eléctricas

Author: Sica Romero
Read by: Chelo Díaz
Listen Free Now Get any book plus
2 bonus VIP books
1 book added to cart
Subtotal
$15.00
View Cart